18/2/14

PENÉLOPE

A poesía máis coñecida e traducida do autor. Nela fala de Galiza naqueles tempos difíciles para os que menos tiñan, e denuncia a pasividade dos que miran para outro lado...

"Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.


                 Traguerán os camiños algún día                   
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"




Preme para escoitar o poema interpretado polos alumnos do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz

No hay comentarios: