28/11/10

BAILANDO...O PEÓN!!

Esta semana vai haber algunha que outra sorpresa no cole...este é un aperitivo :-)


24/11/10

EXPOSICIÓN SOBRE A AUGA

Quero contarvos unha nova moooi importante:

Este ano todas ou case todas as actividades que se fagan no colexio van estar relacionadas coa auga (agora darédesvos conta de por que no mural do outono hai unha fervenza...).
Ao longo do ano imos ir recollendo as vosas aportacións de material (sexan fotos, vídeos ou sons) que teñan como centro de interese a auga. Pode participar calquera membro da Comunidade Educativa: nenos e nenas, mamás, papás, mestres...

Ao final do curso escolar expoñeremos as mellores no corredor do colexio, pero a medida que as vaiades mandando, eu publicareinas aquí no blog.

Para enviarnos o material, facilítovos este correo: ceipcerdeirinhas@gmail.com

Non vos esquezades de pór o voso nome e apelidos.

Animádevos!!!!!
Foto tomada en Mouriscade

20/11/10

TRAILER

Un adianto do noso terroríííífico video clip!!!


17/11/10

PELO GATO 24: ARAO

Non sei como se me puido pasar poñervos o voso vídeo favorito...
Como inda estamos no mes dos magostos, chego a tempo.


O Pelo Gato 24 é un traballo da Asociación de Gaiteiros Galegos: non ten desperdicio!!!

13/11/10

O APALPADOR

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Esta é a letra dunha canción que se cantaba para adurmiñar aos nenos:

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Se queres saber máis, visita a páxina do Apalpador

8/11/10

11 DE NOVEMBRO: DÍA DO PEÓN


Aquí tendes algún refrán desta época do ano...

Polo San Martiño, peóns ao camiño

Polo Santo Amaro, peóns ao faiado

Polo Santo Antón, trompos ao caixón

Pola Santa Olaia, peóns á borralla

...que nos fai recordar a nosa intención, este ano, de facer os nosos primeiros "pinitos" bailando o peón. As risas non han de faltar!!!

E se queredes bailar vós tamén, aquí tendes esta canción da Banda Ourensóns, como o trompo:
.Se queredes saber máis sobre esta cita para escolares e non escolares, visitade a páxina de Brinquedia.

2/11/10

ALGUNHA IDEIÑA...


Para tallar as vosas cabazas para a exposición no cole, visitade esta páxina, ao mellor sacades algunha idea TERRORÍIIIIFICAAA!!!!!!!