19/12/10

O APALPADOR

Pinchade neste enlace e animádevos a escribirlle unha carta ao Apalpador...xa está decorada!!
Todos aqueles que metades no Rebolibuzón a carta ao Apalpador teredes unha pequena sorpresa...


Na páxina da Coordinadora Galega dos ENDL podedes atopar moitos recursos:

Felicitación enviada polo noso "veciño" Paco Lareo


17/12/10

EU NON SEI A QUE ANDAREDES...

Estes últimos días tédesme desconcertada: andades a correr todo o día, de aquí para alá, de alá para aquí, música e festa a todas horas...pero a min non me facedes nin caso. Non hai nin quen mire para min, e só de pensar nas vacacións, que están aí ao caer, póñenseme os pelos de punta!!! (bueno, se cadra tamén é polo frío...)
Eu non quero metervos presión, pero a ver se me metedes algunha cousiña que me faga os días máis levadeiros no Rebolibuzón, ou me dades un bico, ou me chiscades un ollo...ou algo!!


3/12/10

QUE SOIÑA ESTOU...

Entre a neve e a ponte...estou máis soa que cando me tiñan no despacho de Orientación!!!

Pasádeo ben, pero vide pronto que me aburro ;-)

1/12/10

QUE, GUSTOUVOS A SORPRESA?

Despois do axitado día de onte, no que andiveron conmigo de arriba para abaixo...xa estou comodamente instalada no colexio.
Non vos imaxinades as ganiñas que tiña de saír do despacho de Tania...case as mesmas que tiña ela de verme fóra de alí!!! Seino porque escoitei varios comentarios... :-)

CONSTRUCIÓN DUN PEÓN

Queredes ver como se fabrica un peón?

28/11/10

BAILANDO...O PEÓN!!

Esta semana vai haber algunha que outra sorpresa no cole...este é un aperitivo :-)


24/11/10

EXPOSICIÓN SOBRE A AUGA

Quero contarvos unha nova moooi importante:

Este ano todas ou case todas as actividades que se fagan no colexio van estar relacionadas coa auga (agora darédesvos conta de por que no mural do outono hai unha fervenza...).
Ao longo do ano imos ir recollendo as vosas aportacións de material (sexan fotos, vídeos ou sons) que teñan como centro de interese a auga. Pode participar calquera membro da Comunidade Educativa: nenos e nenas, mamás, papás, mestres...

Ao final do curso escolar expoñeremos as mellores no corredor do colexio, pero a medida que as vaiades mandando, eu publicareinas aquí no blog.

Para enviarnos o material, facilítovos este correo: ceipcerdeirinhas@gmail.com

Non vos esquezades de pór o voso nome e apelidos.

Animádevos!!!!!
Foto tomada en Mouriscade

20/11/10

TRAILER

Un adianto do noso terroríííífico video clip!!!


17/11/10

PELO GATO 24: ARAO

Non sei como se me puido pasar poñervos o voso vídeo favorito...
Como inda estamos no mes dos magostos, chego a tempo.


O Pelo Gato 24 é un traballo da Asociación de Gaiteiros Galegos: non ten desperdicio!!!

13/11/10

O APALPADOR

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Esta é a letra dunha canción que se cantaba para adurmiñar aos nenos:

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Se queres saber máis, visita a páxina do Apalpador

8/11/10

11 DE NOVEMBRO: DÍA DO PEÓN


Aquí tendes algún refrán desta época do ano...

Polo San Martiño, peóns ao camiño

Polo Santo Amaro, peóns ao faiado

Polo Santo Antón, trompos ao caixón

Pola Santa Olaia, peóns á borralla

...que nos fai recordar a nosa intención, este ano, de facer os nosos primeiros "pinitos" bailando o peón. As risas non han de faltar!!!

E se queredes bailar vós tamén, aquí tendes esta canción da Banda Ourensóns, como o trompo:
.Se queredes saber máis sobre esta cita para escolares e non escolares, visitade a páxina de Brinquedia.

2/11/10

ALGUNHA IDEIÑA...


Para tallar as vosas cabazas para a exposición no cole, visitade esta páxina, ao mellor sacades algunha idea TERRORÍIIIIFICAAA!!!!!!!

30/10/10

SEITURA 09-10

Aquí podedes ver, tod@s os que non tendes a sorte de tela impresa, a nosa revista.




Encantaríanos coñecer a vosa opinión,e non estaría de máis algunha idea fresquiña para ter en conta vindeiro número... ;-)

27/10/10

CALACÚS FANTASMAGÓRICOS...ANDAN AÍ!!

Uuuhhhhhhh!! que medo....


24/10/10

ESTADES PREPARAD@S?

Nestas páxinas podedes atopar información sobre esta festividade:Vieiros da Escola

Presentación do IES de Porto do Son
xogos...
debuxos para colorear...




refráns e adiviñas...
películas...

e música!!!! que nunca pode faltar!



Mamá Cabra

XA FALTA POUCO...

Sei que algúns e algunhas de vós estades impacientes por coñecer que pasou coas vosas revistas: se me gustaron, se non, cal foi a que máis me gustou...
Antes de nada quero darvos as grazas por ter traballado e decorado a vosa revista, quedaron chulísimas!!!!
Aos que non o fixéstedes animarvos a facelo este, que aínda estades a tempo, e os anos vindeiros.
É moi importante que se entenda a revista como un agasallo que facemos entre tod@s e para tod@s. Cadaquen aporta aquelo que se lle dá mellor, o que sabe facer ou o que está aprendendo a facer, o que lle gusta... Así Seitura convértese nunha caixiña que agocha historias, vivencias en común, creatividade, emocións... que se conservarán no papel, ademáis de no noso corazón.
Pero non debe de ser un obxecto de decoración, unha morea de papeis que arrebolades nunha esquina ao chegar á casa, e alí queda. Lédea, coloreádea, gastádea, ensinádella á familia, oas amigos...
Só deste xeito terá sentido invertir tanto tempo e tantos cartos.
GRAZAS,
A Reboliña

13/9/10

A ESCOLA DAS AREAS


Mirade que curta máis bonita topei!!!
Xa me contaredes que vos parece...
Espero que ese mestre que pensa que o galego é para paletos só exista así, en plastilina :-)
A Rebolinha




11/9/10

A COMEZAR CON GAÑAS!!!!!

Mándovos un bico moi forte e moooooooita, moita enerxía para afrontar este curso que acaba de comezar.
Eu, como mascota do cole, vouvos acompañar en todas as galegoaventuras nas que vos embarquedes...por disparatadas que sexan!
Déixovos un agasallo musical incluido co cd de Pelo gato 24, Debaixo da Figueira:é divertidísima!!





Ah!! e a ver se me facedes algunha visitiña e me contades algo, porque tiven un verán do máis aburrido!

10/6/10

TEMOS UN AREEIRO, SABIÁDELO?

Non é sen tempo, pero como galegos que somos consolámonos logo de dicir iso de..."máis vale tarde ca nunca".
O patio, como todos sabemos, está en malas condicións e moi desaproveitado. Sobre todo os máis cativos non tiñan nada con que xogar, así que celebramos ter un areeiro, pero non nos imos conformar só con isto!!!

29/5/10

E POLA TARDE...

Para coñecer mellor á nosa amiga Reboliña, organizamos un taller de chapas.
É alucinante ver como unha simple máquina fai unhas cousas tan chulas: un cacho de metal e outro de plástico co imperdible, o papel, un plastiquiño e...zas!, unha chapa para decorar a mochila, ou o xersei (inda que nos berren por furalo :-)

Taller de chapas


Fixemos tamén unha chapa de deseño propio. Agardamos repetilo para o ano que vén!
E mentres uns faciamos chapas, os outros agardaban o seu turno na xincana de xogos populares que estaba montada no colexio. A todos nos picou o gusaniño de probar cos zancos, co aro-guía, coa corda...mirade senón as fotos (as que se ven ben, porque algúns ían tan rápido que se lles ve borrosos...)

CHEGOU O DÍA!!!

Logo de dúas semanas de intenso traballo chegou o día, e con el a oportunidade de mostrar, aos demáis e a nós mesmos, todo o aprendido.

ACTUACIÓN LETRAS GALEGAS

28/5/10

O RAP DAS LETRAS

Moi bon o rap das letras do grupo Migallas.
A nós encantounos, ou non?


23/5/10

OBRADOIRO LETRAS GALEGAS

Esta é unha mostra do que fixemos no obradoiro de música tradicional, con Amparo e con Miki.
O maio quedounos moi chulo, non credes? iso que era o primeiro...


13/5/10

Ola a tod@s!!!


É un pracer presentarme como nova blogueira.
Chámome Reboliña Fai Deberes e son a mascota do Equipo de Normalización do CEIP Cerdeiriñas. Como podedes ver no meu DNI, nacín en Piloño, máis concretamente no Lugar de Paxariñas.
Son afortunada por vivir nun sitio no que o galego é a lingua que máis se escoita entre a xente...pero non por iso podemos descoidarnos e deixar de traballar para que o noso idioma estea presente en todos os recunchos do país, en calquera ámbito. É por iso que inicio esta etapa no blog, como unha actividade máis do ENDL, para que o noso traballo non quede pechado nas paredes do colexio e se faga visible para calquera persoa, en calquera parte do mundo.
Convídovos a que sigades as publicacións, as comentedes e nun futuro vos animedes a aportar as vosas ideas.