29/5/10

E POLA TARDE...

Para coñecer mellor á nosa amiga Reboliña, organizamos un taller de chapas.
É alucinante ver como unha simple máquina fai unhas cousas tan chulas: un cacho de metal e outro de plástico co imperdible, o papel, un plastiquiño e...zas!, unha chapa para decorar a mochila, ou o xersei (inda que nos berren por furalo :-)

Taller de chapas


Fixemos tamén unha chapa de deseño propio. Agardamos repetilo para o ano que vén!
E mentres uns faciamos chapas, os outros agardaban o seu turno na xincana de xogos populares que estaba montada no colexio. A todos nos picou o gusaniño de probar cos zancos, co aro-guía, coa corda...mirade senón as fotos (as que se ven ben, porque algúns ían tan rápido que se lles ve borrosos...)

CHEGOU O DÍA!!!

Logo de dúas semanas de intenso traballo chegou o día, e con el a oportunidade de mostrar, aos demáis e a nós mesmos, todo o aprendido.

ACTUACIÓN LETRAS GALEGAS

28/5/10

O RAP DAS LETRAS

Moi bon o rap das letras do grupo Migallas.
A nós encantounos, ou non?


23/5/10

OBRADOIRO LETRAS GALEGAS

Esta é unha mostra do que fixemos no obradoiro de música tradicional, con Amparo e con Miki.
O maio quedounos moi chulo, non credes? iso que era o primeiro...


13/5/10

Ola a tod@s!!!


É un pracer presentarme como nova blogueira.
Chámome Reboliña Fai Deberes e son a mascota do Equipo de Normalización do CEIP Cerdeiriñas. Como podedes ver no meu DNI, nacín en Piloño, máis concretamente no Lugar de Paxariñas.
Son afortunada por vivir nun sitio no que o galego é a lingua que máis se escoita entre a xente...pero non por iso podemos descoidarnos e deixar de traballar para que o noso idioma estea presente en todos os recunchos do país, en calquera ámbito. É por iso que inicio esta etapa no blog, como unha actividade máis do ENDL, para que o noso traballo non quede pechado nas paredes do colexio e se faga visible para calquera persoa, en calquera parte do mundo.
Convídovos a que sigades as publicacións, as comentedes e nun futuro vos animedes a aportar as vosas ideas.