17/5/11

XOGUEMOS POLO DÍA DE HOXE...

A ver como andamos de xeografía da nosa terra...

Uns sinxeliños, para iniciarnos...



E estes máis complexos, para expertos...






12/5/11

GRAZAS A TOD@S!

Para agradecervos este día tan marabilloso no meu primeiro aniversario, déixovos este tema do grupo Dios ke te Crew, que musicaron este poema de Celso Emilio Ferreiro: Deitado fente ao mar

Sobre todo para os máis rapeiros, propóñovola como o próximo tema a interpretar nas Letras Galegas do ano que vén...xa me diredes se vos gusta.





Mil Rebolibicos!! :-)

LOIS PEREIRO

Hai unha cantidade inmensa de recursos para traballar a Lois Pereiro on line. Visitade esta páxina e investigade: coordinadora galega de equipos de normalización
Déixovos algúns exemplos para espertar o gusaniño...lembrade que na páxina de Seminario Galán hai moitísimos máis.
LIBRO LIM



Biografía e obra en LIM


Este material, elaborado polo EDNL do CEIP A Ponte é moi completo e ameno para saber algo máis...


Cartaz multimedia que fusiona referencias da vida e obra de Luis Pereiro, elaborado por Román Cerqueiro


Pinchade e abrirase unha nova ventá.

Este é máis breve e sinxelo que o anterior:

11/5/11

GRAZAS A TOD@S!

Para agradecervos este día tan marabilloso no meu primeiro aniversario, déixovos este tema do grupo Dios ke te Crew, que musicaron este poema de Celso Emilio Ferreiro: Deitado fente ao mar
Sobre todo para os máis rapeiros, propóñovola como o próximo tema a interpretar nas Letras Galegas do ano que vén...xa me diredes se vos gusta.


Ah!! por certo, gustouvos a tarta? e os caramelos?
Mil Rebolibicos!! :-)

10/5/11

O "NOSO" HIMNO DESTE ANO

Aí vai o tema que cantaremos este ano na celebración das Letras Galegas:

PODES FALAR EN GALEGO
(pois iso :-)

É un tema dos Carunchos

6/5/11

AÍ VÉN O MAIO...

Un vídeo que non vos podedes perder, cunha canción de Emilio Batallán que non debedes deixar de escoitar...


A letra é un poema de Curros Enríquez

Aí vén o maio de frores cuberto
puxéronse a porta cantándome os nenos
os puchos furados pra min extendendo
pedíronme crocas dos meus castiñeiros

Pasai rapaciños calados e quedos
que o que é polo de hoxe que darvos non teño
eu sonvos o probe do povo galego
pra min non hai maio, pra min sempre é inverno.

Cando eu me atopare de donos liberto
que o pan non mo quiten, trabucos e préstemos
e, coma os do abade, frorezan meus eidos
chegado habrá entonces o maio que eu quero.

Queredes castañas dos meus castiñeiros
cantádeme un maio sen bruxas nen demos
un maio sen segas, usuras nen preitos.


Só para escoitar


2/5/11

LETRAS GALEGAS 2011: LOIS PEREIRO

Póñovos aqui unha lista de enlaces a páxinas nas que aprender sobre o autor homenaxeado este ano.



Seminario Galán: esta é a máis completa. Tedes actividades para imprimir e tamén para facer en liña.
Praza das letras