3/12/13

PREPARANDO O NOVO ASALTO...

Xa estamos en decembro, e a próxima actuación do grupo de teatro do cole está ao caer... 

O xoves 19, no auditorio de Vila de Cruces, poderedes asistir á estrea de O Escuadrón dos Milaghres, un musical de nadal con moita chispa, humor e boa música.

27/10/13

O TRAILER

Xa queda menos para ver a "peli" enteira...




8/10/13

O RESTO DO PROCESO...

Vestiario, decorado... foron moitas cousas, para as cales necesitamos da vosa axuda: da axuda de moita xente que se implicou e disfrutou con nós deste ambicioso proxecto.

Grazas a todas e todos!!
;-)


24/9/13

ASÍ FOI...

Un vídeo que resume as marabillosas horas compartidas...



20/9/13

OS ENSAIOS...

Como xa sabedes, a representación de As contas da casa non ditan coas da feira foi un exitazo, e todas e todos vimos recompensado o esforzo, a enerxía, os recreos... empregados ao longo de moitos meses. 

Aquí tedes unha mostra:

18/9/13

BENVID@S AO NOSO BLOG

Como vedes, os teatreiros acabamos de adoptar este blog que había tempo que non miraban para el... Así que a partir de agora, aquí atoparedes todas as novas relacionadas co noso grupo de teatro.
Tamén colgaremos cousas relacionadas coa nosa lingua e coas nosas tradicións.

E xa sabedes, o teatro é para todas e todos, así que animádevos!!!