A letra é un poema de Curros Enríquez
Aí vén o maio de frores cuberto
puxéronse a porta cantándome os nenos
os puchos furados pra min extendendo
pedíronme crocas dos meus castiñeiros
Pasai rapaciños calados e quedos
que o que é polo de hoxe que darvos non teño
eu sonvos o probe do povo galego
pra min non hai maio, pra min sempre é inverno.
Cando eu me atopare de donos liberto
que o pan non mo quiten, trabucos e préstemos
e, coma os do abade, frorezan meus eidos
chegado habrá entonces o maio que eu quero.
Queredes castañas dos meus castiñeiros
cantádeme un maio sen bruxas nen demos
un maio sen segas, usuras nen preitos.
Só para escoitar
No hay comentarios:
Publicar un comentario