13/2/11

TARDE DE DOMINGO

Normalmente non me gustan moito as tardes de domingo, e menos no inverno...
Pero hoxe é un domingo especial, porque teño visita: un xastre que vive ao outro lado do embalse que me conta unha chea de historias e me ten atontada escoitándoo.
Hoxe vai de refráns, que ultimamente xa sabedes o moito que me interesan...

SE DÍA DE CANDELAS NON CHOVE
NIN FAI VENTO
"MITÁ" DO INVERNO FÓRA
 E "MITÁ" DENTRO


Festa da Candelaria: tamén chamada festa da Luz, celébrase o día 2 de febreiro. Acéndense velas ou candeas, de aí deriva o nome.
O día 2 de Febreiro é coñecido na cultura popular galega, ademais de pola mencionada festividade da Candelaria, por ser o casamento dos paxariños.
En Estados Unidos nesta mesma data celébrase o Día da Marmota, día no que este animal durmiñón esperta logo do longo periodo de hibernación.

No hay comentarios: