Coñece un pouco máis a Rosalía de Castro, unha figura emblemática na historia da Literatura Galega.
23/2/11
22/2/11
XA CHEGA...POR FIN...O ENTROIDO!!!
"Días nos que está permitido o que non o está no resto do ano...
en que se poden facer cousas que noutro tempo parecerían moi mal,
serían faltas graves contra da boa crianza e aínda contra as mesmas leis…
O entroido presenta certo aspecto de "o mundo ao revés"
Vicente Risco
![]() |
Peliqueiros de Laza |
O Entroido é unha festa moi popular en Galicia, e máis nas nosas vilas e aldeas, aínda que durante os anos do franquismo, coa prohibición das máscaras, esmoreceu un pouco.
A orixe da palabra "Entroido" ou "Antroido" deriva do latín introitus , que significa ‘entrada’ ou ‘comezo’ da primavera e do rexurdimento da vexetación.
E OUTRO REFRÁN...(Este sobre comida e, como non, do porco, que é o rei culinario deste tempo!)
O labrego galego, en Carnavales
come lacón para esquecer seus males;
e en bailes e foliadas
dixíreo despois a bofetadas.
Por iso os lacóns
non producen xamais indixestións.
14/2/11
TEATRO
Logo de moitas voltas, parece ser que xa temos a obra e os protagonistas: Mamasiña que medo, de Chus Pereiro.
Como o grupo inda non ten nome, agardo as vosas aportacións no meu rebolibuzón, e logo elixiremos a máis votada.
13/2/11
TARDE DE DOMINGO
Normalmente non me gustan moito as tardes de domingo, e menos no inverno...
Pero hoxe é un domingo especial, porque teño visita: un xastre que vive ao outro lado do embalse que me conta unha chea de historias e me ten atontada escoitándoo.
Pero hoxe é un domingo especial, porque teño visita: un xastre que vive ao outro lado do embalse que me conta unha chea de historias e me ten atontada escoitándoo.
Hoxe vai de refráns, que ultimamente xa sabedes o moito que me interesan...
SE DÍA DE CANDELAS NON CHOVE
NIN FAI VENTO
NIN FAI VENTO
"MITÁ" DO INVERNO FÓRA
E "MITÁ" DENTRO
E "MITÁ" DENTRO
Festa da Candelaria: tamén chamada festa da Luz, celébrase o día 2 de febreiro. Acéndense velas ou candeas, de aí deriva o nome.
O día 2 de Febreiro é coñecido na cultura popular galega, ademais de pola mencionada festividade da Candelaria, por ser o casamento dos paxariños.
En Estados Unidos nesta mesma data celébrase o Día da Marmota, día no que este animal durmiñón esperta logo do longo periodo de hibernación.
9/2/11
FEBREIRO
Hoxe erguínme refraneira...a ver se sodes quen de aprendelo!!
Febreiriño curto,
cos teus días vinte e oito;
se duras máis catro,
non queda can nin gato,
nin ratiño no burato,
nin ovella rabela,
nin pastor para ir con ela,
nin cornos ó carneiro,
nin orellas ó pregoeiro.
Hai moitísimos refráns, segundo a zona na que vivamos, referidos aos meses.
Pregúntalle aos teus avós, que son os que máis saben destas cousas, e cóntanos algún.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)