13/11/10

O APALPADOR

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Esta é a letra dunha canción que se cantaba para adurmiñar aos nenos:

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Se queres saber máis, visita a páxina do Apalpador

5 comentarios:

Tania dijo...

Jejeje, que bonito o conto! aínda me lembro de Brais facendo de apalpador o ano pasado! creo que o interpretara bastante ben, non?

carla dijo...

Gustoume moito o libro

María dijo...

Pois que veña o apalpador a este ceip Cerdeiriñas e nos traia moitas cousiñas antes do Nadal...

raul dijo...

e moi forte

Unknown dijo...

Ola, encántame ver que @s nen@s de toda Galicia coñecen a miña tradición e participan dela activamente.
Aínda que para a escola pode que chegue algo tarde, aquí tedes esta divertida canción con baile incluido que fixen para este nadal:
http://youtu.be/JmAfI4ucKJc

Ademáis nesta web poderedes atopar material para o uso na aula
http://www.oapalpador.tk


Apertas dende O Caurel... tedes un blog xenial ;)
Boas festas!