23/5/14

23/4/14

AS CONTAS DA CASA...

Por fin o vídeo da nosa obra completo!!!!!
Pinchade para velo:
 
http://vimeo.com/album/2839072

9/4/14

ENLACES A PÁXINAS SOBRE O AGRO

O apadriñador de palabras, do veciño colexio de Bandeira.

26/3/14

EXPRESIÓNS GALEGAS

Unha recompilación ben simpática de espresións da nosa terra.

Xoga!!
FRASES FEITAS

14/3/14

ESTOMBALLADA

Que ben nos vén este tema para o noso ano de agricultores... estombállate!!!!!!


Outra versión...

25/2/14

24-F: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



Como sabedes, o 24 de febreiro celebramos o aniversario do nacemento da nosa grande da literatura.
Nestes enlaces atoparedes algúns dos seus poemas coidadosamente musicados.




Iste vaise i aquel vaise (Follas Novas)
Adios ríos, adios fontes (Cantares gallegos)
Negra sombra (Follas Novas)

20/2/14

ENTROIDO 2014

Nesta páxina da Coordinadora dos Equipos de Normalización atoparedes moitísimos recursos para traballar o Entroido.

18/2/14

PENÉLOPE

A poesía máis coñecida e traducida do autor. Nela fala de Galiza naqueles tempos difíciles para os que menos tiñan, e denuncia a pasividade dos que miran para outro lado...

"Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.


                 Traguerán os camiños algún día                   
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"




Preme para escoitar o poema interpretado polos alumnos do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz

23/1/14

LETRAS GALEGAS 2014

Xosé María Díaz Castro